Como sabedes, esta fin de semana tiveron lugar en Compostela as Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia. Un éxito de participación pois eramos 1.200 docentes todos/as en activo. O que dá unha idea do interés que desperta a BE e a súa utilización nas aulas.
Daniel Cassany, Gloria Durban, Luis Iza , Guadalupe Jover e Tiscar Lara faláronnos de Novas lecturas e novos lectores.
Como queira que o tema está de máxima actualidade, deixovos o enlace para acceder ós materiais que nos presentaron e que estou segura son do voso interés. (Preme en ENTRAR COMO CONVIDADO) Tamén atoparás os videos das intervencións, por se che resultan máis amenos.
(a foto é de Emilio Roca)
Ningún comentario:
Publicar un comentario