25.10.09

Anisia Miranda


Esta é unha foto do día que casaron a escritora Anisia Miranda e o tamén escritor Xosé Neira Vilas.
Anisia pasou a súa vida escribindo literatura infantil e xuvenil. A min gústamne especialmente as súas Cantarolas e os Mitos e lendas da vella Grecia.
Pois ben, o xoves pasado Anisia morreu na súa casa de Vila de Cruces (Pontevedra)
Botaremos en falta o seu traballo entusiasta a prol da literatura infantil, da lingua... a súa aposta firme pola vida en positivo.
Para saber máis sobre ela preme AQUÍ e AQUÍ
Pode tamén visitar a páxina da Fundación Xosé Neira Vilas

Quédannos os teus libros.

Ningún comentario: