Este ano celébrase o 50 aniversario do pasamento do poeta Ramón Cabanillas. Con tal motivo o Concello de Cambados, no que naceu, organiza un completísimo programa de actos da man de Luís Rei .
O pasado día 10 tocoulle o turno á poesía do mar.
Un espectáculo de fotografías antigas proxectadas sobre a vela dunha dorna, música, poemas ... todo elo cun fondo doutras doce dornas velas arriba. Mentres, a noite caía sobre o mar de Cambados.
Logo, o grupo de música tradicional Dorna, ofreceunos unha actuación.
¡Unha marabilla!
Deixovos un vídeo para que vos fagades unha pálida idea de como foi o conto.
E, para que ninguén pense que estas cousas se fan soíñas... heivos de pór un día destes o making-off (¿dise así?)
1 comentario:
Podes pasar a recoller o Mimo que che concedeu a nosa biblioteca polo noso blog http://bibliotecadochouzo.blogspot.com
Publicar un comentario