"Sempre imaxinei que o Paraíso sería algún tipo de biblioteca" (Jorge Luís Borges)
14.6.09
Fracaso escolar e lingua. Datos 2009
Segundo os últimos datos feitos públicos polo MEC, Galicia está entre as comunidades con menor fracaso escolar que corresponden ó ano 2006 e publica a revista Papeles de Economía española no seu nº 119.
Foi no xornal La voz de Galica onde limos as conclusións.
A nosa porcentaxe (25,1%) está por baixo da media española.
No outro extremo dos datos, están Baleares, Valencia, Canarias, Andalucía, Ceuta e Melilla.
Mirade con atención o mapa. É moi instructivo.
Respecto dos resultados no último Informe PISA:
Castilla y León e La Rioja son as CCAA con millores resultados , seguidas por, en orden de bos resultados, Aragón (513 puntos), Navarra (511), Cantabria (509), Asturias (508) e Galicia (505). Estas CCAA encontranse ó nivel de Suiza, Austria, Bélxica ou Irlanda, e con millores resultados tanto de Suecia coma do promedio da OCDE.
Das 10 autonomías examinadas, a galega foi a C.A. bilingue que obtivo máis puntos en Física, Química e Bioloxía -por diante do País Vasco e Cataluña-, un área de coñecemento que desde fai anos impártese só en lingua galega.
Etiquetas:
fracaso escolar,
lingua
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
4 comentarios:
Se non che importa, recólloo para o blogue. Grazas polo traballo.
Bicos
Interesante artigo. Grazas por compartir información. Subímolo ás Gabarras o antes posible.
Un saúdo eumés.
Eu tamén o vou recoller para o blogue... e de paso retómoo.
Que o noso traballo sexa tamén do interés dos vosos lectores, é algo que nos anima sempre.
Grazas, a vos.
Publicar un comentario