No blog amigo Mesturas, vimos esta entrada que reproducimos por parecernos moi acaída.
A historia está plagada de defuncións lingüísticas. A marcha triunfal do imperio romano erradicou o etrusco da península itálica e contribuíu á eliminación do galo da Europa occidental. Con todo, o ritmo acelerado destes procesos na actualidade non ten precedentes. A comunicación global favorece e reforza o dominio e a selección de só as máis afortunadas e aínda que contamos cunhas 6.900 linguas faladas, os falantes nativos das 10 primeiras sumarían eles sós o 40% da poboación mundial
Os estados postcoloniais favorecen e promoven tendencias monoculturalistas: así temos un exemplo claro en Nixeria que só recoñece 4 das súas 400 linguas faladas. Son abundantes os exemplos en que todo tipo de presións económicas e urbanísticas aceleran e provocan procesos de marxinalización social asociados ás linguas minoritarias.
Múltiples factores políticos, económicos e sociais son a causa de que tantas linguas se extingan na actualidade. En xaneiro de 2008 a lingua Eyak converteuse na primeira lingua de Alaska que desapareceu ao morrer o seu último falante e o Jawoyn , desaparecido en xullo do 2007 converteuse na última dunha longa lista de linguas desaparecidas no continente australiano.
FONTE : ‘1,000 Languages’ by Peter Austin (Thames & Hudson, 2008)
AS DECISIÓNS POLÍTICAS AFECTAN O DECLIVE OU A BOA SAÚDE DAS LINGUAS EN PERIGO DO MESMO XEITO QUE AFECTAN Á CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO NATURAL O ARTÍSTICO
O GALEGO É XA UNHA LINGUA CATALOGADA COMO EN PERIGO POTENCIAL DE EXTINCIÓN. NON O PERMITAMOS. É A NOSA RESPONSABILIDADE
Ningún comentario:
Publicar un comentario