5.5.09

Naonimia


¿Sabes o que é?
A Naonímia é a disciplina que se ocupa de estudar os nomes das embarcacións.
Si. Por que ós barcos se lle pon ESE nome, e non outro. Que nomes son máis frecuentes. Modas ...
Trátase dun territorio non moi explorado pero moi curioso. De feito, contamos cun libro do profesor Xesús Ferro Ruibal así como cunha publicación de Isabel Acea Méndez. É todo.

Pero vivimos nun porto cheo de barcos, con nome. E queremos saber porque teñen ese e non outro.
¿Non vos pasou esto pola cabeza mil veces?
Será un traballo para o curso que ven pero, de momento, ide pensando...

2 comentarios:

Homesdepedra dixo...

As mais veces os nomes dos barcos (cousa que a min persoalmente non me gusta nada) fan referencia a nomes relacionados con persoas da familia dos seus armadores.
Un caso curioso que me é moi familiar por caerme preto é o nome do Sidri Rober. Isidro e Roberto eran os nomes do seu primero armador, que sincopados quedaron de tal modo.
Contovos un segredo?
Se eu tivese que poñerlle o nome a un barco, o elexido seria "Foula"
Que os rapaces de Milladoiro busquen polo seu significado.

Apertiñas naonimicas

olga dixo...

Buscaremos, buscaremos, porque é ben curioso. E, outra cousa non seremos pero...¡curiososssssss!