23.4.09

Os Aldinos


Non sabedes o que son.
Eu tampoco o sabía ata hai ben poucos días.
Son coñecidos con ese nome os libros que: democratizaron a lectura, os que nos meteron no vicio de ler na cama, de ler paseando, de ler viaxando...
Veredes:
Aldo Manucio, foi un famoso impresor asentado en Venecia a primeiros do s. XVI.
Aldo estaba farto de que os libros foran para uns poucos por prezo e por tamaño, así que doblou, non unha vez os pergaminos e plegos de papel(como se facía habitualemnte para os infolios),nin tampouco dúas veces, senón catro: así naceu o formato de octava, libros tan pequenos que se podían meter no peto. ¡Algo insólito para a época!
Esta foi a súa grande revolución.
Ademáis, fixo posible que se puideran tirar mil exemplares dunha vez, que os libros foran menos pesados.... Sempre co ánimo de facer cada libro máis barato, e que chegara a máis xente: que se difundira máis.
Aportou moitas máis couas ó mundo da edición e a impresión pero, deixarei que o vaiades descubrindo.

A lectura para todos, o acceso xeralizado ó mundo das ideas, a democratización do saber... son conceptos que Aldo defendeu dedicando a eles a súa vida.
¡Grazas!

Ningún comentario: