19.4.09

Encontro de Bibliotecas Escolares

Remataron os Encontros. Unha vez máis, un ano máis, a Asesoría de BEs de Galicia ofreceunos unha magnífica ocasión para reflexionar sobre o noso traballo diario nas BEs , para compartir expriencias, para seguir aprendendo...
A altura dos ponentes supérase cada ano, en cada edición grazas ós esforzos de Cristina e Pilar, cousa que agradecemos desde aquí.
Nesta ocasión disfrutamos de Felipe Zayas, Gloria Durban e Emilio Pascual.
A Asesoría pon os materiais a disposición de cantos estedes interesados/as neste enderezo.

Agora queda adaptar o aprendido á realidade de cada centro, reflexonar cos propios equipos... e esperar ós Encontros do vindeiro ano mentres seguimos a facer avanzar as Bibliotecas Escolares Galegas. Cada quen desde o seu espazo.
Foi un placer cansado pero moi, moi productivo.
Grazas.

1 comentario:

fátimagpr dixo...

Hai un convite para tí.Bibliovaladares