15.4.09

Patasdepeixe



¿A que é un nome seductor? ¿intrigante? ¿suxerente? Porque todos sabedes que os peixes...¡non teñen patas!
¡AHH! Este sí.
Tratase dunha nova editorial. Eles din que:
Patasdepeixe é unha editora que naceu dun ovo.
É pequeniña, e polo momento anda algo chosca, como todas as do seu tempo.
Por iso anda un paso adiante, dous atrás, bate contra unha rocha, e logo cae de cu.


De momento, veñen de sacar o primeiro peixiño: O incrible neno devorador de libros . Un libro que está...¡para comelo! E xa avisan na contraportada de que non debes intentar semellante cousa.

Total: que estamos desexando ter o libro nas mans, que saúdamos con cariño un proxecto empresarial tan prometedor... e que dámolas grazas á nosa amiga Charo de Mesturas que foi quen nos achegou a nova.

1 comentario:

Equipo biblioteca dijo...

Un agasallo para vós.
A tartaruga lectora.