8.3.09

Costureiras na pintura

Pois como andamos a falar de costureiras... deixovos un par de cadros que nos remite a nosa amiga Charo de Mesturas


Tarsila do Amaral




Botero

E agora, un reto: buscade homes cosendo. Na pintura, na literatura, na fotografía...¡Ala!
Ten premio

6 comentarios:

O Segrel do Penedo dixo...

Hoxe non, pero se o vindeiro martes visitas O Segrel, verás homes moi novos, cosendo, tecendo... o que nos fixo plantexarnos a posibilidade de organizar algo ao respecto para o vindeiro curso.
Como podes comprobar, e aínda a mitade do curso, xa estamos a argallar actividades para o próximo!!!

olga dixo...

Xa, Loly. Tamén os vexo na miña aula. E no cole... Pero ti sabes de que falo.
Oxalá, estes homes que hoxe cosen nas aulas, cambien o mundo.
Bicos.

O Segrel do Penedo dixo...

Pois ese é o camiño, e nesa estamos, non si? Derrubando barreiras, formando na igualdade aos homes e mulleres do futuro que son os que terán nas súas mans a posibilidade de facer deste un mundo mellor.

Anónimo dixo...

Pois si que nos toca derrubar barreiras, pero é tan cansado... porque as mulleres acaban sendo costureiras e os homes deseñadores de alta costura? Hai certas roturas co pasado, pero non é unha liña recta, máis ben unha curva, que moitas veces vai cara atrás.
Difícil papel o da muller nesta sociedade, aínda tan machista aínda!!!

Anónimo dixo...

Mirade aos irmans Lumiere, os que inventaron o cinamatógrafo, facendo ganchillo.

olga dixo...

Grazas, eeuseino. Tes premio!
Idéntificate para poder enviarcho :-)Será caro porque creo que será....único.