"Sempre imaxinei que o Paraíso sería algún tipo de biblioteca" (Jorge Luís Borges)
27.3.09
¡Boa viaxe!
Aló van. Camiño de Gaza. As bonecas que levan moitos bicos, como dixeron os rapaces na carta.
A proporción paréceme sorprendente: 160 bonecas de 217 escolares. Se temos en conta que, na meirande parte dos casos, se fixeron fóra do tempo escolar... ¡excelente!
Estou a escribir esto e oíndo a un parbulito que pregunta no pasillo ¿Onde están os sacapenas?.
Parei. Veño de acompañalo a ver a caixa que os leva para facer esa longuísima viaxe que esperamos remate cun final feliz e sen sobresaltos.¡Había que verlle a cara ó neno! Van a Gaza, dixo.Sen máis.
A mesa que os albergou durante todos estes día, e que medraba cada mañá, está agora valeira.
Oxalá sempre toparamos a maneira de meter a vida real na escola dun xeito tan productivo, positivo e educativo.
Felicitamos desde esta fiestra a quenes tiveron a idea e nola regalaron, de maneira que se fixo grande, compartida e aínda máis solidaria. Se cabe.
Etiquetas:
cooperacion internacional,
sacapenas
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
1 comentario:
A máis crúa realidade entra na escola para se converter nunha "enorme caixa de bicos".
Pode haber algo máis fermoso??
Parabéns e moreas de bicos para vós dende Fene!!
Publicar un comentario