"Sempre imaxinei que o Paraíso sería algún tipo de biblioteca" (Jorge Luís Borges)
26.3.09
Galipedia
A semana pasada publicamos de novo na Galipedia. Os nenos e nenas de 5ºB fixeran unhas pequenas investigacións sobre as tradicións do Entroido en Malpica: O Xogo das Vacas de Barizo e a Mikaela de Buño.
O obxectivo da actividade era usar as fontes orais e, ademáis, documentar unhas tradicións profundamente arraigadas pero que carecen de calquera documentación escrita salvo no caso do Xogo das Vacas no que topamos unha única publicación de Ana Romero e X.L. Pose no Boletín da Auriense. Postos en contacto co Museo Arqueolóxico de Ourense enviáronnos copia do artigo, o que agradecemos públicamente.
Volvendo á Galipedia. Cando hai uns anos comezamos a publicar, a entrada correspondente a Malpica non tiña NADA. Se entrades hoxe, podedes aprender algunhas cousas sobre este pobo.
Nenos e nenas séntense constructores do coñecemento, non só consumidores pasivos. E eso, tamén é moi valioso.
Pola nosa banda prometemos seguir e animamos a cantos vos deixedes a facer o propio.
¿A túa vila? ¿o nome do cole? ¿apelidos dunha zona...? Non é preciso saber todo: logo ven outra persoa e constrúe máis sobre o que nós fixemos... e así sucesivamente.
Etiquetas:
galipedia,
publicaciòns
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
3 comentarios:
Fantástico traballo e sempre dando exemplo para que as demais biblio traballemos...
Fantástico e crerativo traballo. Parabéns para eses autores e autoras.
Noraboa polo traballo, xa di o refrán: "de tal palo, tal ervoestilla". Tomamos nota da recomedación que nos facedes...
Apertas dende C
Publicar un comentario