2.2.09

Os homes non choran...


Esta frase, que parece tan tranoitada, tan antigua... Esta frase sigue dicindose sen problemas. Segue arrolando a moitos nenos varóns. Segue privando ós homes da descarga do pranto.

Por esto, eu que non son moi deportista pero tento seguir o pulso da actualidade, onte sentín que Roger Federer facía un traballo moi grande a favor de toda a humanidade masculina: deportista prestixiosísimo, heroe de centos de xornadas competitivas, cumio do tenis mundial, cunha masculinidade fóra de dúbidas.... CHOROU en público!!!.

Pero non ante calquera público, non: chorou ante o mundo enteiro, mostrando sen temor a súa fraxilidade, a súa pena, o seu desencanto, a súa frustración ...

Onte, o espectáculo deportivo do que estaban pendentes millóns de persoas, foi algo máis: foi un espectáculo de humanidade, de respeto, de exhibición de sentimentos que nos fan máis persoas. E non son patrimonio das mulleres.

Estes xestos non fan cambios repentinos. Pero poñen pesas no outro lado da balanza.

Grazas, Roger.

2 comentarios:

Ronsel dixo...

Un post máis que interesante. Si, foi tremendo ver a "un home chorar coma un neno". Esperemos que algún día isto non chame a atención, por ser do máis natural. Como realmente o é.
Bicos

I. CAMACHO dixo...

Os felicito por esta entrada. Efectivamente, fue muy emocionante ver llorar así a un campeón y ver a otro campeón consolándolo. Estos dos deportistas son un hermoso ejemplo para nuestros chicos, en la victoria y en la derrota, en su inagotable capacidad de esfuerzo y de "fair play". ¡Ojalá que aprendan la lección! Un saludo desde Fuenlabrada.