16.12.08

Entrega dos Premios MEC de Bibliotecas Escolares 2007



E chegou o día.
O certo é que xa no contabamos coa ceremonia. Pero chegou.
O millor: o festival de sorrisos, as caras novas, os traballos excelentes, o ambiente favorablemente predisposto, a camaradería, as múltiples invitacións a ir coñecer outras bibliotecas...

O discurso pola nosa parte (dos premiados, quero dicir) fíxoo un profesor do IES Santa Catalina de Burgo de Osma que levou o 1º premio. Eu quedei gratísimamente sorprendida pola súa valentía e audacia: 1 escueto folio no que, despois de dar a s grazas ás autoridades dixo que os premios están moi ben pero o que precisan as BEs é recoñecemento orgánico, horas para levalas e formación específica para os profesores e profesoras que as diriximos. E, coa mesma, rematou. Mentras, a ministra escoitaba con atención.

O discurso dela foi unha loubanza ó papel que cumplimos social e educativamente. Comparounos co que cumpliron no seu momento as Misións Pedagóxicas. E rematou dicindo os cartos que se invertiran nos últimos anos e o marabilloso que era o Plan de Millora.

Logo, o Presidente de Castilla-La Mancha, sen guión, falou de todo un pouco.

Por último, un grupo de nenos e neas escenificou como é e para que serve o Plan Lector.

Finalmente, un aperitivo.

E cooooorre para coller o avión!!.

O que non estivo ben: a organización en xeral. A saber: correr de Madrid e Toledo e viceversa, os compañeiros de Madrid que non foron invitados ás poucas horas de convivencia, o escenario escollido (pequeno e falto de escenografía), o lugar do aperitivo(non colliamos!!!), o non saber...E, sobre todo, a falta de tempo para falar...

Nun aparte pequeniño, as compañeiras de Ceuta propuxeronlle á Ministra que a vindeiro ano nos xunten un fin de semana de convivencia. Pareceulle, dixo, unha excelente suxerencia. Advertímoslle que os deste ano inclusive, que para eso lle regalaramos a idea. Sorriu.

E colorín colorado....

Enlace ó discurso da Ministra

Prensa de Cáceres

Servicio de prensa da Moncloa

BOE

Nota de prensa do MEC

Diario de Castilla-La Mancha

O CRA Ana de Austria (Valladolid)
Escolas del Mar (Barcelona)
Relación de felicitacions coas nosas disculpas para as que perdimos pero sabemos que chegaron.

13 comentarios:

Beni dixo...

Que alegría ver tantas caras coñecidas na conquista de Toledo. Só espero que eses dous minutos en negro do vídeo non sexan unha referencia velada ao noso futuro. Noraboa.

olga dixo...

Non , Beni. Claro que non.
Eses dous minutos son a proba da présa que tiña ó facelo.
Pero, con fallo e todo...ben se ve.

Bicos.
olga

bibliotecadocole dixo...

Está xenial, Olga, ademais de protagonista, reportera,guionista,...e todo perfecto.
Noraboa de novo,ainda que despois de esperar tanto, xa podían organizalo millor!!!Se nos deixaran facelo a nós, xa vería o que é bo!
Biquiños dende Moaña

Luis Ángel Rojo dixo...

Desde El CRA Ana de Austria, mi agradecimiento por el video y las fotos. Una buena idea.
Los comentarios críticos les suscribo y pienso que han sido benévolos.
Un saludo desde Valladolid

Loly dixo...

Bueno, para non ter "invitado" á reporteira oficial plambeira...(jeje) teño que recoñecer que a túa reportarxe está moi ben e a crónica, como non, fantástica.
E tras a festa, xa se sabe, a seguir traballando.
Moreas de Bicos cheos de ledicia!!

Ronsel dixo...

Parabéns: canta fermosura!

MESTURAS dixo...

Me descoloca un montón verte al lado de Barreda, Olga, que quieres que te diga. Es como una especie de esquizofrenia inviable para mi pobre y limitado cerebro, porque para mí este señor está ligado al colegio universitario de Ciudad- Real donde yo estudié y él era profesor, a los bares de Ciudad-Real donde es fácil verle tomando una cañita porque él vive allí, la hermana de su mujer fue compañera mía de instituto... y de repente apareces tú toda sonriente al lado del personaje...que sensación más rara. Claro que como son las 2 de la mañana ...mejor me voy a dormir...me alegro un montón que lo pasarais tan bien. Un beso Olga.Espero que no te timaran con el mazapán. Es de los productos más adulterados del mundo. El verdadero sólo lleva almendras y azúcar. El falso de todo, hasta fécula de patata.

Antonio Martínez dixo...

Grazas.
Grazas por repartir ledicia.
Grazas por agasallarnos con ilusión.
Grazas por facernos sentir partícipes da viaxe.
Grazas.

olga dixo...

Gracias a vosotros, Luís. Y un recuerdo muy cariñoso.
olga

Begoña dixo...

Noraboa polo premio, coma sempre as BEs galegas no alto do podio.
Begoña
IES Fernando Esquío

Chispa dixo...

Isto é rematar ao grande o 1º trimestre. Que nos tedes reservado para os outros dous???
Noraboa, Olga!! E felicidades a todos os demais, en especial para Ferrol: outra Noraboa das grandes!!!
Bicos agarimosos desde a Biblio do CEIP de Pazos

Jacobo F S dixo...

Noraboa das noraboas!! Bravo!!

Mari Carmen dixo...

Eu tamén pensei que esa ceremonia non se ia celebrar,pero estábamos trabucadas.
O vídeo está moi ben gústoume moito.
Grazas, porque os ausentes poidemos estar virtualmente participando.
ÁNIMO, SEMPRE PARA DIANTE
Bicos agarimosos con unha pouca de saudade.
Mari Carmen