12.10.08

Hora de ler


Velaí o traballo bonito que fixo Leo para a Hora de Ler.
Preparou uns lotes de libros para cada aula, que meteu nunhas caixas preciosas e que xa lles fixo chegar.

(Por Tutatis, que traballo lle dou topar caixas bonitas e igualiñas para cada ciclo!).

Agora as caixas xa están nas aulas para que nenos e nenas escollades entre o seu contido as vosas lecturas para ese gasallo diario que son 20 minutos de lectura. Cando teñades tódolos libros lidos (¡ou casetodos!), a caixa pasará a outra aula do mesmo ciclo. E así sucesivamente.

So nos queda desexarvos que disfrutedes dese tempo e que cada quen descubra as lecturas que o fan feliz.

2 comentarios:

Mari Carmen dijo...

Os libros son preciosos e as caixas moi alegres. Agora que os nenos e nenas lle saquen todo o proveito que esperades con ilusión.
Moitos biquiños con un pouco de morriña
Mari Carmen

olga dijo...

¡Que gusto, Carme, ver que non te esqueces de nós!
Esperamos, de corazón que sexas tan feliz alí onde estás, como o fuches aquí.
Leo, tamén te bota en falta.

Bicos
olga