10.10.08

COMEZAMOS!!!!



¡Vaia se comezamos! Xa hai un mes. Pero non nos foi posible asomarnos a esta fiestra virtual ata hoxe: traballo, plans, compañeiras novas.... Vamos, case, case un colexio novo.

Coma decote, vimos cargadas de ilusión, de ganas de traballar, de proxectos e...¡de LECTURAS!

Leo, tamén comezou o seu traballo: preparou os materiais para a Hora de Ler e as mochilas viaxeiras, que xa están listas para comezar a súa andaina por tódalas familias, cargadiñas de tesouros.

Seguiremos a manter o blog de novidades, para irvos contando o que máis nos gusta dos materiais que se van incorporando ó mercado (e, mesmo ás veces, o que máis nos gusta: simplemente)

Andamos a acariñar un proxecto sobre lendas na costa malpicá, que escribiremos entre todos e todas e lamentamos moito non dispor de tempo material para levar adiante outro dos proxectos que máis nos gustaban deste curso: o Club de lecturas de nais e pais. Pero estamos seguras que poderemos velo un ano destes.

Se os ventos da ilusión, o traballo e a sorte inzan as nosas velas, teremos xuntos unha boa travesía.
Que así sexa.

1 comentario:

Mari Carmen dijo...

Que ben! Xa volven aparecer noticias do voso traballo no blog.
Que sexa un bo curso,que vos cunda moito o traballo e as vosas ideas sexan xeniales
Animo e adiante!
Biquiños
Mari Carmen