14.8.08

XX Regata do Albariño


(Preme sobre o álbum para velo máis grande)

Unha nova ocasión para o deporte, a competición, o disfrute e o espectáculo.
Porque de todo esto hai nunha regata de dornas.

Eu, que son novata nesto, non disfruto especialmente coa navegación porque probablemente son moi terrícola, pero aprecio no que vale a marabillosa visión de máis de trinta barcos de vela no mar, con esa vela tan carácterística ¡e tan bonita!

E na miña cabeza danza o poema de Cunqueiro que Amancio Prada musicou de maneira tan acaída:

Si miña señora á i-alba de Arousa beilar,
poñereille, belida, un ventiño no mar.
!A dorna vai e ven,
que meu amor ten!

Poñereille unha frauta e máis un reiseñor
e unha longa soedade coma a da mar maior.
!A dorna vai e ven,
que meu amor ten!

Na illa de Cortegada poñereille un galán
por pastor de mareas co seu remo na man.
!A dorna vai e ven,
que meu amor ten!

Poñereille unha gaita no bico da ría
e unha abelaneira no medio do día.
!A dorna vai e ven,
que meu amor ten!

Esto era Arousa. O mar de Cambados.
Eles e elas: namorados do mar.

O de menos... gañar ou non.

2 comentarios:

Fernando dijo...

Fermoso poema do que nunca me decatara, e mira que a min me gusta Amancio.
Fernando

olga dijo...

Eso é porque ti atendes ó importante: os barcos, a organización, a túa dorna... Así que algo nos tiña que quedar a aqueles que só admiramos o espectáculo e disfrutamos de tanta beleza.

Espero que che gustaran as fotos.
Olga