5.6.08

O fieitás; día 2

video

Neste video veredes a tarde de onte: cometas que voaban xenial nesa praia tan chula porque había un ventiño xeitoso.

Logo volvimos e duchámonos. Da ducha non hai fotos porque ...son privadas.

Despois de cear (¡¡¡paninis!!!) fomos facer un xogo nocturno polo monte.

Hoxe amaneceu chovendo e estabamos preocupados. Pero logo escampou. Fomos de Robinsones: ó monte facer cabanas.

Pola tarde: taller de pulseras e logo ¡praia e canoas! pero eso será outra historia que veredes mañá.

Onte estabamos tan cansos que durmimos de contado. Seguro que hoxe tamén.

Para que quede constancia: fixemos as camas que daba xenio velas, recollimos os cuastos e barrimos, tódolos días poñémolas mesas e recollemos ó acabar... Esto de sair da casa dá moito proveito :-)

Mañá máis...

Se queredes saber algo máis do sitio onde estamos pinchade aquí

2 comentarios:

Anónimo dijo...

¡Esa habitación do rei misterio! ¿Qué tal o estades pasando?. Esperamos que bomba.
Un saludo "campal" para todos, e en especial para Alex Allo da súa afillada Paula, bicos.

Mari Carmen dijo...

Coidado co vento¡ Ainda que vos xa estades afeitos a capear o nordés que hai en Malpica e sobre todo no Ventorrillo.

Que o pasedes moi ben !!
Saúdos agarimosos
Mari Carmen