"Sempre imaxinei que o Paraíso sería algún tipo de biblioteca" (Jorge Luís Borges)
4.6.08
Os/as de 6º no Grove
Para despedirnos da Primaria, do colexio... viñémonos pasar uns días ó Grove.
Case tódolos nenos e nenas de 6º (dous quedaron na casa)con Esteban e con Olga.
Hoxe pola mañá estamos moi nerviosos pero ¡xa pasou!
Ó chegar, os monitores que nos estaban esperando, dixéronnos as normas e xogamos a bailar o baile do Tallarín e a un xogo de pistas. Despois repartímonos nos cuartos e colocamos a roupa. Por fin... ¡a comida! e tiñamos moita, moita fame.
Pola tarde fomos á praia voar cometas.
Para a maioría de nós este é o noso primeiro campamento, e pensamos pasalo ¡pipa! así que as mamás que non están preocupadas.
Esteban e Olga din que nos portamos moi ben e que dá gusto traernos polo mundo.
Esperemos que todo siga así.
Podedes deixarnos aquí os comentarios e os consellos ¡que os imos ler!
Ata mañá.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
1 comentario:
Que sorte, no Grove!!!
Pasádeo moi, moi ben. O colexio e esa excursión de despedida é algo que nunca esqueceredes.
O curso que ven no Instituto será unha nova experiencia á que axiña vos adaptaredes e que tamén disfrutaredes.
Apertas dende Fene.
Publicar un comentario