9.5.08

Xan Fernández, con 5º e 6º



E o mércores veu Xan contarlles lendas ós nenos e nenas de 5º e 6º.
Xan é un coleccionista de lendas, leva anos percorrendo os camiños de Bergantiños e recollendo todo o que se conta sobre cidades asulagas, encantos, tesouros, mouros,árbores máxicas... e cóntaas moi ben. ¡Claro, é mestre!

Os rapaces escoitaban con tanta atención que, ó final, ata Xan quedou impresionado e díxonolo.

Logo, eles e elas, tamén lle contaron a el as que saben ¡e algunha non a coñecía!

De momento non ecribeu ningún libro de lendas exclusivamente pero agasallou a cada rapaz cun exemplar da última Guía de Malpica que contén algunha.

Foi unha semana especial.

Ningún comentario: