14.5.08

Xosé Tomás




O luns disfrutamos dunha magnífica tarde con Xosé Tomás quen, ademáis de ser un gran debuxante é un gran comunicador e unha magnífica persoa. Ensinoulles recursos e trucos para facelas súas historietas.
Tomás, entre outras cousas, é o autor dos debuxos da páxina de contidos da Xunta e ilustrador de moitos dos libros que len os nosos rapaces: Sabeliña e os ratos, María é maior, Unha pantasma no colexio, O monstro dos Ancares, O lume dos soños, O pirata Metepata, O neno que tiña medo dos robots e o robot....

¡Ah!, Tomás tamén publica diariamente unha viñeta na Voz de Galicia

Todos quedamos encantados. E, como non se le moi ben o que pon no debuxo que deixou no noso Libro de amigos, póñovolo porque paga a pena:

¡Para que logo digan que os libros non teñen peso nas nosas vidas!

1 comentario:

O Segrel do Penedo dijo...

Fantástico Vídeo. Parabéns!!!
Apertas dende Fene.