25.4.08

¿Que millor celebración...


...para o Día do Libro que demostrar que xa sabemos LER?
Esto foi o que fixeron os nenos e nenas de E. Infantil de 5 anos: ler para os seus compañeiros e compañeiras.
Habitualmente son os maiores quenes lles len . Pero o mércores non foi así: estrearon a súa nova capacidade en público e leron eles para os pequenos de 3 anos.
Estaban nerviosos, impresionados e ilusionadiiiiiiiiiiisimos.
Que esa capacidade siga desenvolvéndose e lles permita navegar polos mares do coñecemento e a diversión, que os acompañe o resto da súa vida para facerlos homes e mulleres máis sabios, máis felices e máis libres.
No colexio houbo outras actividades, pero queremos salientar esta polo que ten de especial.
¡Boas e productivas lecturas!
¡Boa vida!

4 comentarios:

nautilus dijo...

Estou encantaaaaaaaaaaaada de que xa poidades ler libros.
Así que estes días heivos deixar unha sorpresiña.
¡Noraboa, a vós e á vosa profe Isabel!
Leo

O Segrel do Penedo dijo...

Que mellor día para amosar esa capacidade que vos abrirá as portas da fantasía, da ilusión, da maxia...? Parabéns e que nunca perdades a capacidade de ilusionarvos e de impresionarvos coa lectura.
Bicos dende Fene!!

Mari Carmen dijo...

Noraboa aos nenos de 5 anos e a súa profesora Isabel polo éxito na
experiencia de ler para os demáis.
Espero que nos lean outro día ao resto do Cole. Non si?
Moitos biquiños.
Mari Carmen

Chispa dijo...

Parabéns a eses nenos e nenas de Infantil de 5 anos. A que está "guay" ler?
Marabilloso que teñamos novos e ilusionados lectores, e ilusionadas profes que fan realidade os proxectos!
Un bico desde Ferrol, grande, grande, grande. E para Olga, outro, outro, outro!