21.4.08

Brinde ao libro

BRINDE AO LIBRO ( alumnos de 5º)

É verdade,
ler é como bañar
a mente
nun mar de letras de tinta
que invitan a soñar.

Porque, amigo,
un libro
é un bocadillo
que podes merendar
mentres vives aventuras,
poesías,
fantasías
e ata risas máis profundas
que os fondos da mar

e, ao contarche súas historias
agochado entre as pastas
pode facerche sorrir
ou se o pescas nun mal día
do susto que levas
xa non podes nin durmir.

Por todo, amigo,
grazas.
Somos: Pablo, Sheila, Bea,
Belén, Alex e Iván.
Somos Manu, Sergio, Anxo;
Laura, Tamara, Vicky,
Mari, Sara e tamén Juan:
todos xuntos
che escribimos
e con esta breve páxina
brindamos pola túa amistade.

MOITAS GRAZAS

Ningún comentario: