23.3.08

Materiais


A partir de hoxe tendes á vosa disposición na nova sección do noso blog parte dos materiais que, desde 1996 que comezamos este traballo, fomos elaborando no Equipo de Biblioteca: o Proxecto, a Programación de Educación Documental, algúns exercicios para tódolos ciclos, o Proxecto Integrado da Auga, bio-biblografías de quenes nos visitaron, o traballo das Letras, unha guía para ler na casa.... non está todo pero xa temos o molde. Agora é cóusa de tempo que vaiamos volcando todo.
Tentei, no posibel, prestar máis atención desta primeira volta ós materiais que temos elaborados para ED xa que poden ser de utilidade inmediata para outros grupos de profesores que anden neste labor. Queda moito. Andaremos.
A sección chámase así: Materiais.

Ningún comentario: