8.9.09

Manuel María


Hoxe é o cabodano de Manuel María.
Na escola: o poeta das cancións. Non sei se haberá outro poeta máis musicado que el.
Gústannos especialemente Os soños na gaiola que tan ben arroupados de música foron por Susos Vaamonde.
Pero tamén nos gusta a súa poesía para adultos, a súa obra narrativa e... ¡o seu teatro! con esa Espiña de toxo que aínda nos segue a emocionar e que é tan actual.
Grazas, Manuel, por tanta beleza que non morrerá.

2 comentarios:

Chispa dixo...

Vexo que esta biblioteca non para de traballar. E que non houbo nin vacacións???
Eu só pasei por aquí para poñerme ao día do voso traballo e para enviarvos un saúdo, coma sempre moi, moi agarimoso desde a biblio do CEIP de Pazos.
Feliz comezo de curso e mellores lecturas.

Leo dixo...

Ola, Chispa. Pois claro que houbo vacacións: Polo mar adiante! Fermosas e vitamínicas. Cheas de amigos, de viaxes, de libros... para encher as pilas, asegúrocho!
E, agora: a traballar!
Vémonos onde ti xa sabes :-)