No día de hoxe, o Sr. Alcalde, Eduardo Parga, e a Concelleira de Cultura, Noelia Freijeiro, fixeron entrega do Premio de Nadal 2025 a mellor postal.
A aula de 4º de educación infantil foi a gañadora. Unha postal persoal, as mans dos cativiñ@s forman a copa da árbore, e decorada con elementos reciclados.
PARABÉNS, CATIVIÑ@S E TITORA!
Un traballo en equipo do máis creativo, que presidirá a pantalla dixital do Concello este Nadal.

Ningún comentario:
Publicar un comentario