No día de hoxe, os grupos de 3º a 6º de primaria finalizan, dentro do programa "Aprende a través do surfing", as xornadas prácticas na praia Area Maior de Malpica.
Unha xornadas nas que, un curso máis, o equipo de One Surf Academy acompañou e guiou a nen@s para pór en práctica os coñecementos adquiridos nas xornadas técnicas previas; así como desenvolveron valores de coidado e respecto ao Medio.
Ao tempo, compartimos a publicación dixital ilustrada, da autoría de David Blanco de Rojas, como ferramenta educativa para apoiar este programa e celebrar o Día dos Océanos (8 de xuño).
Premendo no seguinte enlace accederedes á publicación, as ilustracións son da autoría de Catalina Rodríguez Villazón.
Ningún comentario:
Publicar un comentario