9.3.22

Premiad@s: SELLO CCB 2021

Sello CCB 2021

A nosa comunidade educativa está de noraboa, pois o Proxecto Documental Integrado Visión 3C: Comunicación, Ciencia e Creatividade foi premiado polo Ministerio de Cultura e Deporte a través do Consejo de Cooperación Bibliotecaria (CCB) coa Distinción Anual Sello CCB 2021.

No tarde de hoxe recibimos encantad@s a entrega de devandita Distinción a través de videoconferencia e o diploma, previamente recibido, está xa ubicado no noso espazo de logros. Logros a nivel estatal, polas nosas Boas Prácticas, e autónomico, polos diversos PDI desenvoltos, aos cales sumamos este último galardón a nivel nacional e que sitúa a un centro educativo do concello de Malpica de Bergantiños no Mapa do Sello CCB.

Diploma da Distinción Anual do Sello CCB 2021

Achegamos, a toda a comunidade educativa e a tod@s @s que se alegran con NÓS, o vídeo editado polo CCB en colaboración coa comunidade educativa do CEIP Milladoiro no cal se fai a entrega virtual da Distinción e se recolle o noso proxecto premiado: un mar de emocións, de aprendizaxes vividas e compartidas para asentar un novo concepto de biblioteca, a biblioteca do século XXI.
As imaxes valen máis que mil palabras, a desfrutalo!

1 comentario:

olga dixo...

Parabéns! Por segunda vez temos un recoñecemento a nivel de todo o Estado. Non é fácil 💓