Enmarcamos o entroido dentro do PDI Nós: patrimonio in-MATERIAL! e rescatamos unha das festas tradicionais do Concello de Malpica, como son os Madamitos de Cerqueda. Grazas a Asociación Cultural Raigañas de Cerqueda coñecemos a súa historia a través da seguinte presentación, elaborada por eles mesmos:
Polo tanto, este ano queremos pedir a colaboración a todas as familias para que o 25 de febreiro nos disfracemos todos de madamitos, cada quen de home ou muller según prefira, sendo as indicacións para cada modelo as seguintes:
Madamitos HOMES:
- Roupa branca.
- Sombreiro con cintas de cores cosidas.
- Unha banda azul cruzada (a bandeira de Galicia).
- Mantón de cachemir ou pañoleta cruzada no peito.
Madamitos MULLERES:
- Saia branca (enagua).
- Camisa branca.
- Media branca e zapatos negros.
- Coroa de flores con cinta de cores cosidas.
- Tul branco na cabeza.
- Cinturón con cinta de cores.
- Moitos colares.
Levaban a cara pintada de branco con coloretes vermellos, pero por mor da pandemia nós pediremos unha mascarilla branca.
Damos as grazas aos membros da Asociación Cultural Raigañas de Cerqueda pola súa colaboración e a súa disposición a prestarnos axuda en todo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario