19.2.21

Formación: Radio na Biblio_ 5ºEP


No día de hoxe, o alumnado de 5º de Primaria, recibiu a formación enmarcada dentro do programa Radio na Biblio.

Esta formación veu da man de Xerardo e Damián de Ponte...nas Ondas! que fixeron unhas sesións moi divertidas e con moito contido práctico para que o alumnado cada vez sexa máis autónomo no uso do noso estudo de Radio Balea. A formación estructurouse como segue:

 - Parte técnica: modificación e edición de audios a través do programa Audacity, que utilizamos para a gravación de podcast. 
 - Expresión oral: modulación de voz, xogos de expresión combinando intensidade, velocidade... 
 - Gravación e edición final dun podcast: o alumnado, por parellas, creou un pequeno guión para gravar e crear un podcast conxunto. Foi unha experiencia MARABILLOSA, moi axeitada ó alumnado, divertida e enriquecedora. 

Picando na primeira imaxe accederedes ao álbum de imaxes do día.

Moitas grazas a Xerardo e Damián pola súa valiosísima formación e á Asesoría de Bibliotecas Escolares, que segue apostando pola innovación e mellora da calidade educativa, e son @s artífices de que este tipo de actividades poidan desenvolverse no noso centro e con persoal altamente cualificado.

Ningún comentario: