No primeiro trimestre do presente curso puxemos en marcha no noso cole os laboratorios de aprendizaxe. A expectación e ilusión era máxima.
Cada mércores, despois da Hora de Ler todo o alumnado do cole organizábase por equipos interniveis para participar nun dos 5 laboratorios: Laboratorio Documental, Laboratorio de Ciencias, Laboratorio de Son, Laboratorio de Ideas e Laboratorio de Imaxe.
Entendemos estos laboratorios como espazos de aprendizaxe onde desenvolver as competencias básicas, onde crear, experimentar, investigar…dunha maneira lúdica e motivadora coa orientación das mestras e mestres do noso colexio.
Esta actividade quedou cancelada coa declaración do estado de alarma polo COVID-19 e a suspensión das clases.
Desexamos que para o vindeiro curso poidamos emprender novamente os nosos laboratorios nos que tanto aprendemos e desfrutamos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario