19.6.20

Boa Travesía! Guía de lecturas para o verán 2020

Xa está aquí!
Como adoitamos facer cada ano, achegamosvos unha selección de lecturas que nos parecen acaídas para este verán. É tanto o que se publica que non é doado facer selección. Pero xa sabedes que nos gusta dicir que escollemos os libros como escollemos as xoias: de 1 en 1
E aí están os que vos ofrecemos este ano.
Non vola daremos en papel, comoa doitamos facer, pero ten a ventaxa de que se premedes sobre cada título podedes acceder a máis información sobre o libro: vantaxes dos formatos electrónicos (je, je..)
Só nos queda dicir:
Felices lecturas!

15.6.20

Iniciativa para centros de ensino. GDR

Desde o Grupo de Desenvolvemento Rural da Costa da Morte, solicítannos a colaboración para difundir este iniciativa.

 Trátase dun concurso de fotografía dirixido exclusivamente a alumnado dos concellos que forman parte deste Grupo. E Malpica é un deles.

Aquí tendes toda a información

11.6.20

Laboratorios de Aprendizaxe 2019/20


No primeiro trimestre do presente curso puxemos en marcha no noso cole os laboratorios de aprendizaxe. A expectación e ilusión era máxima.
Cada mércores, despois da Hora de Ler todo o alumnado do cole organizábase por equipos interniveis para participar nun dos 5 laboratorios: Laboratorio Documental, Laboratorio de Ciencias, Laboratorio de Son, Laboratorio de Ideas e Laboratorio de Imaxe.
Entendemos estos laboratorios como espazos de aprendizaxe onde desenvolver as competencias básicas, onde crear, experimentar, investigar…dunha maneira lúdica e motivadora coa orientación das mestras e mestres do noso colexio.
Esta actividade quedou cancelada  coa declaración do estado de alarma polo COVID-19 e a suspensión das clases. 
Desexamos que para o vindeiro curso poidamos emprender novamente os nosos laboratorios nos que tanto aprendemos e desfrutamos.