13.3.19

Ven ao Milladoiro!

Como sabedes, estamos no período de solicitude de prazas nos centros educativos para o vindeiro curso 2019/20 Escollemos unhas cantas imaxes (só entre as do pasado curso) para animar ás familias a educar con nós aos seus fillos e fillas.

O ensino público e rural esmorece, os pobos morren pouco a pouco, e morren máis se non hai nenos e nenas.

 Dende o centro, aportamos todo o valor engadido de que somos capaces convertíndonos nun centro referencia en innovación en toda Galicia e, neste momento, dispoñemos dos medios máis punteiros en innovación,así que xa sabes:
Ven ao Milladoiro!

No hay comentarios: