Mañá , 5 de febreiro é o día no que se festexa o Ano Novo Chino. Decidimos celebralo, así que preparamos unha mesa tendo en conta os costumes chinos: os farolillos, fixemos un cartel felicitando o Día da Paz e o Ano Novo Chino, as tarxetas vermellas cunha mensaxe de Paz e felicidade: Un sorriso pode cambiar o mundo. Moitas clases do cole animáronse a participar nesta actividade, así que deixamos todas as tarxetas nunha mesa, e ó longo da xornada fomos pasando por alí a coller unha das tarxetas. Foi unha actividade xenial e participativa. FELIZ DÍA DA PAZ E FELIZ ANO NOVO CHINO!!!!
FOTOS ANO NOVO CHINO
Ningún comentario:
Publicar un comentario