13.9.18

Olaaaaaa!

Ola a todos e todas. Un novo curso botou a andar onte e con el o traballo e as ilusións de cada setembro.
Este será un ano de moitos cambios. De momento, non sabemos cando poderemos dispoñer de novo do servizo de Biblioteca pois estanse cocendo cousas ben interesantes. Pero que o local esté en obras non significa que non poidamos usar os libros. Non. Están accesibles no corredor para que poidamos disfrutalos e traballar con eles.

Deixámosvos un cartel coas lecturas que recomendamos para traballar nas aulas neste curso.
Así que:
Vento nas velas e boa travesía!

No hay comentarios: