13.6.18

O futuro comeza hoxe

Imaxes do primeiro paso para chegar á biblioteca que soñamos (por agora!)

Se todo vai segundo o previsto, este verán van ter lugar as obras precisas para que no vindeiro curso poidamos disfrutar dese espazo multidisciplinar no que queremos convertir a nosa Biblioteca escolar para que responda ao concepto máis novidoso e actual da palabra biblioteca:

  • a que dá respostas á multialfabetización, 
  • a que permite aprender toda a vida, 
  • a que axuda a convertir a información en coñecemento, 
  • a que promove a investigación e a acción...


Esa é a biblioteca coa que soñamos: na que os libros se dan a man con múltiples materiais e, entre todos, axudan a aprender e prepárannos para seguilo facendo o resto da vida.
Cruzamos os dedos!

No hay comentarios: