"Sempre imaxinei que o Paraíso sería algún tipo de biblioteca" (Jorge Luís Borges)
1.6.18
Festa de Clausura da Biblioteca Escolar
Coma adoitamos facer cada curso, desde hai 24 anos, remata maio e con el, a actividade da nosa biblioteca escolar.
Tempo de facer balances, de ver canto lemos, cantos títulos incorporamos, canto prestamos, cantas actividades organizamos...
Un mundo de traballo que non sería posible sen a colaboración xenerosa dos nenos e nenas de 6º. Rapaces e rapazas que, cenerosamente renuncian a un recreo semanal (como mínimo!) para poñerse a traballar para todos e todas.
Dámoslles as grazas ao tempo que os despedimos.
Tamén agasallamos ás lectoras que leron máis libros e este ano, como novidade, aos gañadores do concurso para pórlle nome e logo á nosa radio.
Parabéns a todos e todas
E felices lecturas!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario