Xa está nas librarías, e tamén na nosa biblioteca o libro de Selina Otero:
Unha educación de Premio, editado por Galaxia.
A publicación recolle experiencias de 20 centros educativos galegos que están á cabeza da innovación no panorama educativo actual.
Sentímonos moi orgullosos da nosa presenza nese listado tan exclusivo e agardamos que sirva, entre outras cousas para que cada familia sinta tamén ese orgullo: o de estar educando aos seus fillos/as nun centro que se esforza por ofrecer a mellor das educacións posibles.

Ningún comentario:
Publicar un comentario