Xa no curso 2012-13, a Consellería concedeunos formar parte deste programa para a inclusión da lectura en soporte dixital nas bibliotecas Escolares.
Este curso ponse en marcha a fase 2 e, de novo, aí estamos xunto con outros 49 centros de toda Galicia.
A Consellería dotounos dunha partida económica para dar continuidade á primeira fase ELBE e poder así contar cun novo recurso que amplía os fondos da biblioteca cunha primeira selección de recursos en formato dixital.
Trátase do proxecto ELBE.2 e que estamos a poñer en marcha nestes días.
O profesorado e alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º curso recibirán unha formación de usuarios para coñecer esta plataforma e como poder descargala.
Contamos cun total de 8 soportes que poñeremos á disposición dos escolares de 3º a 6º, a razón de 2 por aula.
Se algún escolar conta co seu propio lector tamén poderá traelo e descargar as lecturas que considere oportunas.
Sabendo que, cada exemplar descargado estará activo durante 21 días e despois desactivaráse.
Na seguinte presentación, feita polos compañeiros do CEIP de Celeiro atopamos máis información.
Ningún comentario:
Publicar un comentario