Como tódolos anos no CEIP Milladoiro, celebramos no centro A semana da Paz. Estivo cargada de actividades para conmemorar o día da Paz, que foi o 30 de Xaneiro.
Durante todos os días da semana, en tódalas aulas do centro, os mestres/as léronnos libros coa temática da paz. Excepto o martes, o propio día da Paz, no que todos xuntos, baixamos o patio a cantar a canción de Macaco “Mensajes del agua”. Foi un día estupendo no que disfrutamos moito sentíndonos como artistas de verdade, ata fixemos un bis!!.
Día da paz 2017/18 from bemilladoiro on Vimeo.
Para rematar a semana tiñamos previsto acudir á Praia de Seaia, os nenos e nenas de 5 e 6 e reunirnos alí cos alumnos e alumnas do CRA e do IES para representar o símbolo da paz, pero debido o mal tempo, tivémolo que pospoñer.
Foi una semana diferente e moi divertida!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario