12.12.17

Premiooooooo!

O noso proxecto documental integrado (PDI) Pintamos moito! ven de ser recoñecido pola Consellería de Educación co Premio no IV Concurso de Traballo por Proxectos na categoría de Proxectos de Centros.
Premiouse o noso proxecto bianual Pintamos moito!

Saisfainos recibir un recoñecemento ao que é a nosa maneira de entender a educación. Traballamos así.
E queremos que toda a comunidade se sinta orgullosa do cole no que se educan os seus fillos e fillas. Este é o cole que temos. Si. Pero con estes recoñecementos sabedes tamén que está entre os mellores. Que cada día, cada ano, cada curso, o profesorado sigue formándose para encher as aulas dos métodos máis punteiros na educación europea.
Si: é o cole que hai. E está entre os 21 máis selectos de Galicia (de todo o ensino obrigatorio que inclúe Infantil, Primaria e Secundaria) E, como sabedes, no tocante ás baremacións por Competencias (Informe Pisa) Galicia está por riba da media española, europea e da OCDE.

 Grazas ao profesorado: ao que está, ao que estivo estes dous cursos pasados e xa non nos acompaña.

 Grazas ás familias que responden sempre tan ben ás nosas suxestións e propostas.

Grazas a Administración, tamén, por poñer en marcha estas iniciativas que visibilizan o que, de todos modos, ía suceder nas aulas.

Hoxe é día de celebrar. E seguir traballando.

 Deixamosvos o video-resumo do que foron eses dous anos de traballo nas aulas:

No hay comentarios: