28.4.16

Proxecto escornabots: centro seleccionado!

Hoxe fíxose público o listado de centros seleccionados pola Consellería para o Proxecto Escornabots
E nós somos un dos 20 escollidos!!! 

Este plan piloto está destinado aos centros de infantil e primaria integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares no presente curso 2015/2016.

 As bibliotecas en xeral, tamén as escolares, están a vivir importantes transformacións e unha das máis importantes e a de acoller todo tipo de actividades nas que as persoas usuarias (neste caso, alumnado, profesorado e familias) poden atoparse para pensar, deseñar, facer, construír e aprender xuntas, na liña dos makerspaces ou dos laboratorios de ideas.

Na actualidade, as bibliotecas escolares contemplan todo tipo de linguaxes (oral, escrito, icónico, audiovisual, artístico...) e posibilitan ao alumnado múltiples oportunidades de aprendizaxe, de expresión e de creación. Neste contexto de alfabetización múltiple encádrase a presente iniciativa, destinada a introducir nas bibliotecas escolares unha nova linguaxe, a linguaxe de programación, e impulsar a utilización de pequenos robots en actividades destinadas a mellorar a comunicación lingüística do alumnado, a expresión oral, a creatividade, o traballo colaborativo, a investigación, a aprendizaxe manipulativa e o xogo.
 (Vía Bibliotecas Escolares de Galicia)

Resumindo: o Proxecto ten coma obxectivo achegar a robótica e a programación aos nenos e nenas, familiarizándoos con esa linguaxe desde as idades máis temperás.
 Neste enlace pódese ver un video da TVG.
A imaxe provén de AQUÍ

Ningún comentario: