1.3.16

Inauguración Aula de cociña

Onte inauguramos oficialmente unha nova instalación no colexio: un Aula de Cociña. Fixémolo con todas as honras: para que as familias se sintan orgullosas do colexio no que educan aos seus fillos e tamén para agradecer o apoio recibido de quen financieramente fixo posible o Proxecto (o Concello e a ANPA) Como convidados de honra tivemos a Fernando Agrasar, estrella Michelín e dono do restaurante As Garzas, e Carmen Trigo unha muller de Malpica cociñeira aficionada que leva máis de vinte anos compartindo os seus coñecementos coa poboación malpicá a través das clases de cociña da Asociación de Amas de Casa. Os convidados agasalláronnos con algúns platos saídos das súas cociñas e, ademáis,os escolares de Infantil e 1º ciclo preparáronnos algúns pratos inspiráronse en contos: Cocorico e o seu biscoito, a lúa de A que sabe a lúa?, o pan de Maruxa, a eiruga ... moi lerpeira. Tamén a nosa mascota foi que recibiu aos convidados desde a parede da aula. Estamos moi satisfeitos de que os proxectos do cole se trencen e complementen porque o obcestivo é o mesmo: a educación pública e de calidade. Na prensa: Que pasa na costa La Voz de Galicia

3 comentarios:

Mª delCarmen Vázquez dixo...

Desde logo estou moi leda de que esas cousas tan novedosas sucedan nese colexio do que eu teño tan bos recordos.
ÁNIMO PARA SEGUIR TRABALLANDO!!!! QUE VOS VAI MOI BEN !!!!

Moitos bicos.
Mari Carmen V.

Mª delCarmen Vázquez dixo...

Parabèns por esa inaguración!!!!. Encàntame que estas cousas sucedan nese colexio tan querido por min.
ÁNIMO PARA SEGUIR TRABALLANDO!!! QUE VOS VAIA BEN!!!

Biquiños
Mari Carmen V.

CEIP San Francisco Xabier dixo...

Abraidos nos deixades! Parabéns merecidísimos! Que marabilla!