16.12.15

Visita ds SS.MM. os Reis Magos

Visita dos Reis Magos from bemilladoiro on Vimeo.
Hoxe recibimos unha visita especial: 
os REIS MAGOOOOOOOS! 
Viñan recoller as cartas dos nenos e nenas de Infantil, de 1º e 2º. E trouxéronlles caramelos. Os rapaces, ademáis de darlles as súas cartas, contáronlles as cousiñas que quixeron. Ao final: todos contentos. Os Reis, porque levan traballo abondo e os rapaces porque quedan coa esperanza de recibir os agasallos que desexan. Nós queremos agradecer ás Súas Maxestades que, a pesar de ser persoas tan ocupadas e ser solicitados por todos os nenos e nenas de España, encontraran un ratiño para achegarse ata o noso cole. Seguro que foi porque os nenos e nenas de Malpica son moi, moi bós.
 E agora.... a agardar que chegue o 6 de Xanerio!
Se queredes descargar algunha foto podedes facelo AQUI

Ningún comentario: