5.6.15

Concerto de Susa Herrera

https://plus.google.com/photos/116444161631097709496/albums/6156853221385172337?authkey=CIC9gI6fqfS_Cg
O pasado mércores tivemos con nós a Susa Herrera. Grandísima profesional da música infantil que nos fixo pasar unha desas horas que se fan tan curtiñas que parecen minutos.
Da súa man, percorremos o mundo saltando de país en país cantándolle unha canción a cada animal que lle é representativo.
Pasámolo ben, ben de verdade.
O libro-disco-dvd que nos viña presentar chifloulles aos nenos e nenas. Xa o mercamos para a biblioteca, claro!
Premendo sobre o nome da artista podedes acceder á súa web e ver toda a súa obra.
Vouvos deixar tamén uns videos dalgunhs cancións que nos ensinou. Lembrades a do crocodilo?:

E, que me dicides da do elefante?
E, da xoaniña?
E o cangrexo?

Ningún comentario: