20.5.15

A PALABRA TEN VIDA

Este ano polas letras galegas quixemos darlle vida ás palabras a través da canción de Paco Nogueiras, A palabra ten vida, do seu disco Brinca vai! Os nosos paraugas, cheos de palabras da nosa terra, cobran vida polo patio, polos corredoiros, polas aulas... para lembrarnos que somos nós os que lles damos vida ás palabras. Con este vídeo festexamos as Letras Galegas deste ano 2015 e agradecemos a Paco Nogueiras este disco e todas as marabillas que podemos facer coas súas cancións.



letras2015 from bemilladoiro on Vimeo.

1 comentario:

Paco Nogueiras Nodar dijo...

Moitas grazas por facer algo tan fermoso! Grazas a todos e todas, rapaces, rapazas e mestres. Marabilloso ver cousas como esta, non hai mellor pago para un artista. Con vós, de verdade que a palabra colle vida.
Grazas!