10.3.15

O Ministerio de Educación valora o noso traballo


http://leer.es/bibliotecas/buenas-practicas/detalle/-/asset_publisher/GoPCz0QWtesy/content/dia-internacional-de-la-mujer-mas-iniciativas-de-bibliotecas-escolares-en-galicia

Unha vez máis, o Ministerio de Educación faise eco no seu portal Leer.es, das boas prácticas das bibliotecas escolares galegas e da nosa en concreto. Desta volta con motivo das Semana da Muller que vimos de organizar. Somos xa 550 centros escolares públicos galegos os que formamos parte da rede de BEs. Lembrade que o noso centro incorporouse na primeira convocatoria, no ano 2005, no que foi o primeiro grupo de 40 centros nos que as bibliotecs activas, ben organizadas e ao servizo do currículum xa eran unha realidade.
 Premendo sobre a imaxe, pódese acceder ao portal Leer.es

A última ocasión na que fomos obxecto da atención de Leer.es, foi na primavera de 2013 na que se desplazaron ao noso centro para gravar un video sobre como traballamos a Alfabetización Informacional.

Valoramos a atención que as autoridades educativas prestan ás nosas prácticas porque nos confirma que estamos a ofrecer aos nenos e nenas desta comunidade o que, segundo o propio Ministerio de Educación, é un ensino de alta calidade que eles, á súa vez, presentan como modelo a outros centros de España e Hispanoamérica para que se animen a copialas e reproducilas.

Ningún comentario: