27.2.15

Semana da Muller Traballadora

Aínda rematando os traballos para coñecer mellor a Rosalía de Castro, anunciamos xa as actividades da vindeira semana:
A semana da Muller

Como sabedes, o 8 de marzo celebramos o Día Internaional da Muller Traballadora e aproveitamos a ocasión para achegarnos á biografía dalgunhas mulleres que nos interesan especialmente: sexa polos países que estamos estudando en cada aula, sexa pola súa profesión, sexa por...

Este curso, achegarémonos ás que vedes indicadas no cartel e os nenos e nenas de cada unha desas aulas contaránnos cousas interesantes das súas vidas.

Para aprender máis, tamén podes visitar a nosa páxina de recursos

Ningún comentario: