12.12.14

Comer, cantar e xogar


Esta é a nosa proposta de agasallos literarios para este Nadal que chegará ás vosas casas na vindeira semana. Como queira que o Proxecto deste curso vai sobre países do mundo, a súa música, a súa comida, as súas lendas... achegámos materiais que teñen que ver co tema. Ides atopar moita, moita música pois a producción de libros-discos en galego este ano é ampla e de moita calidade, tamén eses libros de cociña que tanto lles gustan a nenos e nenas, algúns xogos de mesa que xa coñecen porque os temos no cole... Agardamos que SS.MM. os Reis Magos ou o velliño Papá Noël, encontren entre as nosas propostas algo que lles encante aos nenos e nenas.

Ningún comentario: