19.10.14

Comeza Hoxe lé...

O pasado martes comezamos con esta actividade que nos resulta tan querida: Hoxe Le...
Abriron dúas alumnas de 5º que foron as primeiriñas en anotarse e leron Maruxa (moi ben preparadiño, por certo!)
O público? os parvulitos de 3 e 5 anos.
O xoves leu a segunda parella Pilú, Pilú! e, desta volta viñeron só os de 3 anos.
A partires de agora, e salvo excepcións por outras actividades na biblio, martes e xoves disfrutaremos destas lecturas en voz alta que tanto gustan aos pequenos e tanto axudan aos máis maiorciños a depurar a súa técnica lectora.

1 comentario:

Mª delCarmen Vázquez dijo...

Alegrome moito que seguides facendo a actividade Hoxe le... polo que se ve segue gustando.
Un saúdo moi agarimoso para a bibliotecaria e o seu equipo. Mari Carmen V.